luns, 27 de decembro de 2021

Hora d'unha raza

 O mestre Risco traduce un artigo do nacionalista bretón J. la B. Olier Mordrel. Publicado pola revista NÓS o 15 de Xuño de 1932.

 


HORA D'UNHA RAZA

Iste artigo escrito pr'a Bretaña, solprendeume mormente, porque me pareceu escrito pr'a Galiza. O que Mordrel di dos pobos céltigos arredados da corrente da historia, dixérao eu hai anos n-unha confrencia feita no Circo Mercantil de Vigo, definindo á Galiza coma Fisterre. A ideia da predomiñanza en nós dos intreses espirtuás sobr'os materiás, é corrente en moitos galeguistas. A das ventages da
nosa orgaización económica atrasada frente a crise mundial e á todal-as crises gerales de caráute económico, tamén a teño eu exposto nun artigo que, entregue ao Consello Executivo do partido á que pertenzo, non sei ben de certo onde se chegou á pubricar. Pol-o derradeiro, somentes me compre já repetil-o pensamento de Mordrel cando di: «Somos demasiado poucos pra podermos encher un rol activo fora das nosas fronteiras, d'outro geito que coma mercenarios dos outros. Abonda de Duguesclin, de Clisson, de Duguay-Trouin, de Ronan, de Ronarc'h e de Briand na nosa historia». Eu digo tamén: nen máis Charinos nen Tenorios, nen máis Rodiles nen Méndez Núñez, nen máis Patiños nen Montero Rios na historia de Galiza. Abonda de mercenarios dos outros.

Vicente Risco

O século dazanove ten de particular o ter durado un pouco mais de cento sesenta anos. Encomenzóu cos filósofos e os homes de cencia do fin do reinado de Luis XVI. Alongou-se ben mais adiante do ano 1900 -que non marcou cume ningún- ainda máis adiante de 1914 e 1918. Woodrow Wilson foi un dos seus máis grandes homes. A paz de Versalles-Trianon foi o acumprimento dos vellos soños románticos. Porque o que fai a unidade d'iste periodo da historia dos nosos pais, é a fé cega qu'iles puxeran no «progreso» o qual tiña qu'asegurar co andar do tempo, a riqueza pra todos e a paz eterna. O século XIX recibeu os primeiros desmentimentos co-a guerra, cuias ruinas volveron en nada os cálculos qu'a fixeran nascer, e co paro ingres, que niarca pra un gran pobo o fin d'unha era de prosperidade da que fora o principal artesano.

MORREU UNHA FÉ

A desfeita de Wall-Street soóu á sua hora derradeira. Fitárase outo de máis. Trabucáranse nas previsiós. Cand'un industrial despide aos seus obreiros e pecha os seus talleres e cand'iste industrial chámase Henri Ford, o mundo civilizado todo inteiro pergunta onda é que viu dar. Na sua ruiña,precura un achego sólido qu'o ajude á s'endereitar. Apela ás suas creenzas, e deprocátase de que já nonas tén. Da fé do industrial qu’anda atrás de non sei qué mesianismo económico; da do teorizador políteco que pide á unha forma de goberno ou á outra o paradiso na terra, da fé do sabio que precura na sua probeta o milloramento da raza humán; da do burgués que ve na Bolsa as colunas da fertuna púbrica; da do soldado qu'oferce a sua vida pola grande patria,-ou non fica nada, ou pouca cosa.

O industrial já nou vende os seus produtos; o político asiste impotente ao reinado da banca e precura sen chegar á elo, soluciós administrativas ou diplomáticas aos probremas de cámbeo, de produción, de finanza, que todo o domiñan; o sabio, sen pensalo, coma quen dí, dotou ao género humán da hyperita e do phosgeno; o burgués especulador já non ten diante d'il na alacena máis qu'unha morea de papel que val justamente pouco mais do que pesa; e o antigo combatente, soñador, pergúntase pra que sirveu o-sacritizo dos desaparecidos e pra defender que intreses dubidosos sofreu e deitóu seu sangue.

A humanidade desorientada, a humanidade que se decata de que sabe menos de biología, de química e de físeca, do qu'ela pensaba non hai vinte anos, a humanidade pon riba de todal as suas coñecencias un grande interrogante. Comenzóu a liquidación das suas ilusiós económicas. Está disposta á unha revisión geral de todal as suas ideias. Ela busca.

A popularidade qu'un Gandhi pode atopar no meio das suas vítimas dos Midlans dí moito n-iste asunto. Vólvese á ademirar ás sociedades primitivas, cuia estabilidade fai un contraste dino d'enveja co noso tolo rebulir. Un escritor americano, nado no país da máquina de facer 'pasteles de porco, vaise iniciar respeitosamente nos ritos mágicos cos negros da Costa de Marfim, e pergúntase en fin de contas si a feiticeira Wamba que arranja as pontes á distanza, non sabe molto máis que M. Einstein. Falando tanto da sabencia marela coma do ocultismo negro ou de todal as singelas creenzas dos seus propios antergos brancos, ou europeu pergunta: «Tiña eu razón tan xiquera? Teño eu razón en todo?».

A HORA DOS PEQUENOS POBOS

Si no silenzo d'esta imensa incertidume qu'atromenta ó celebro de todal-as testas escrarecidas que tén a Europa toda, ten que dar logo unha hora, coido en que ha ser a dos pobos que non foron, que non quixeron ser, dos da orgulosa aventura industrial e que mantiveron o seu equilibro material e cerebral que tanto lle falla hoxe aos outros.

Tornarase a gente cara istes pequenos pobos qu'unha historia cativa ou qu'un chán ingrato arredaron das festas da historia -coma cara unha fonte de Juvencio- pra recobrar ali concencia das permanencias da condición humán. Istes pequenos pobos cuias áreas geográficas recortan a Europa n-un viveiro de nódoas multicoores apareceranlle com'unha aristocracia predestiñada n-un istante de desespranza ond'as calidades de caráute e curazón contan diante de nada pra os pobos coma pra os individos.

Ao tempo que coñeceu a lei de ferro das grandes capitás, dos formigueiros cosmopolitas onde non conta mais qu'o diñeiro; ond'o home non é máis qu'un brazo. -pra servir unha máquina, faguer correr unha pena ou puxar unha chapa– ha suceder o que vexa espallar os dereitos naturás do ser humán.

Somentes nós d'aquela, nós, os pequenos pobos tradicionalistas, que tanto tempo loitamos por conserval-as fontes puras da nosa ledicia de vivir, teremos calidade pra botarmol-os acimentos da nova Europa. Somentes nós temos conservado esta comunión co pasado, co-a raza, co oficio, co chán, co-a familia, que poderá guiar con seguranza aos recostrutores d'unha Europa sandada dos soños de potenza e riqueza, doce pra o home. Por iso saúdo eu o abrente d'un século novo que ha ser o noso século!

 A OCASIÓN DOS CELTAS

Poidan os Celtas aproveitaron a ocasión que se lles ofrez, pra deciren por fin a sua verba! Pódese ademitir qu'o Renacimento resequido replegounos en si mesmos; qu'o século XIX, apesares da escapada do Romantísmo, non lle foi favorábele. Mais agora que se descobre qu'o home ten os seus dereitos por frente da abstracción estatal, por frente do diñeiro, por frente do inhumán debeu faguer ouvil-a sua voz, a da sua impalpábele civilización, a máis humán que poida haber, feita de todolos fenómenos individuás. Se nono fan, é que endejamáis han dicir nada, é que son ineptos pra deciren cousa ningunha,

Non hai razón valedeira pra qu'isto aconteza. Cando dicimos Celtas non é que digamos con énfase unha verba valeira. Os Celtas temos algo atrás de nós, e non fica espricado todo tocantes á nós con nos apricaren, anque lle non plaza á tal sabio en us ou en oik, o rótulo de «comunitarios de clan» ou tal outro que fixera de nós irmaus de leite, na cencia social, de calquera tribu de pastores fugidos das eras primitivas. A formación social que foi nosa hai dous mil anos, non era privativa nosa. Hai longo tempo que non vivimos en clans. Temos participado no desenrolo da civilización europea, da que ficamos unha miga arredados vountariamente. Hai un esprito nacional propio que nos anima, independente do tempo e das contingencias materiás, que nos levóu de cote á sacrificalo todo ás liberdades segredas do home, mesmamente os nosos intreses, ainda a nosa independenza. Leei a historia da Bretaña, unha historia d'individualidades.

A REVANCHA DOS BRETÓS

Non digo eu qu'a época que ven vai ser a nosa, sen ter matinado ben n-elo. Non pode ser outra cousa qu'unha reacción contra a que pasou e que nos foi coma ningunha estrana e hostil. Vivimos baixo do signo d'unha dica cuia receta non é da casa. Foi alén do mar, n-unha Cité ond'o prefil semíteco casa curiosamente coas loiras guedellas saxonas, onde nasceu o trato, onde nasceu o crédito, o desconto, o cheque, todo ise horroroso estimulante ao «business» que non ten máis qu'un fito: a ganancia, e non ten máis qu'unha saida: a quebra. Compre non esquecer qu'esta carreira dos ingreses atrás da ganancia, e non somentes un singelo odio de raza ou de confesión, foi o qu'os levóu á arruiñaren ó comercio irlandes e á despoboaren a Escocia. Hoxe en día estase máis agusto no mangado de terra do disgraciado Gael que non no enlousado de Londres. Á cada un, súa.

Com'os Irlandeses, tampouco nos fumos dos da orgulosa aventura industrial. (Un punto que nos achega á iles e nos arreda dos Galeses do Sul). Cand'as primeiras locomotoras ciscaron a sua grasa sobr'o ouro dos campos bretós, ningunha aclamación popular saudóu o seu paso. Os nosos camiños fixeron amiudo mal ás primeiras bicicletas e aos primeiros automóveles, acollidos con pedras. Despois de non ter querido, por razós morais, seguir o movemento, as industrias bretonas foron decaendo ao longo do século XIX, e por fin desapareceron cáxeque todas. A repulsión dos Bretós cara os principios mesmos da orgaización económica moderna -colaboración, asociación, división do traballo- foi a que fixo demorar a industrialización dos nosos oficios.

Endejamáis o sentimento do seu intrés arrempuxou aos nosos compatrianos à formaren esas ligas que de tempo en tempo se forman pra levar adiante tal reivindicación d'orde púbrica. Iles ademiten de boa gana ainda as prerrogativas abusivas d'un goberno centralizado que non ten pra iles consideración ningunha. Confórmanse con pouco, e aman o que teñen. Están nos antipodas do esprito de negocios que conducíu o mundo deica o presente.

O século XIX condanara á Bretaña en nome do progreso. O progreso tivo razón deica 1929. En 1932, o progreso confesa que se trabucou! Já non hai argumento pra nos enterrar. En 1932, é a Bretaña cáxeque sen parados, onde tres millós e meio d'homes comen da sua fame, a que ten razón. Estrana revancha do homilde peisano d'antano que rillaba o seu pan reseso baixo d'un teito de gestas ond'os lobos viñan meter o seu fuciño gris. O progreso, se nos hubéramos deixado levar d'il, houbera feito d'il o moderno famento que, coa chaqueta apegada ás nádegas, vai agardar vez diante das sopas de caridade. Ao menos o primeiro vivia do seu traballo!

A NOSA MISIÓN

Pra qu'un pobo vaia adiante, non compre somentes que teña confianza en si mesmo, senon ainda que teña concencia de que leva unha minsión pra cumprir. Compre unha fé e o sentimento d'un deber pra ajustal-os elementos esparegidos d'unba nación e arrempuxalos n-un esforzo coleitivo. Esta fé e sentimento do deber nonos ten a Bretaña. Pode qu'esta seña a espricadeira da inverosímile dificuldade qu'atopa todo esforzo coletivo antre nós, calquera que seña, pra coller corpo e duranza. Deamos aos nosos compatrianos a ideia de que no abrente do século vinte, teñen que jogar un rol, e verémolos de novo ergueitos e unidos, com'estiveron nos tres curtos períodos da sua historia en qu'unha mesma paixón os abalou.

Estáse formando á través da Europa unha corrente ben forte de mocedades, alentadas polos probremas da recostrución da nosa economía e da nosa sociedade moderna desconflautada. Non lle tirémol-a nosa simpatía nen a nosa ajuda. Mais non cometamol-o erro de nos fundirmos co ela. Já d'abondo temos desertado da nosa terra. E á cada un, sua tarefa. Qu'os que intentaron a aventura industrial s'apañen pra liquidal-a quebra.

A economía moderna puxo os seus probremas insolúbeles fora da nosa casa. No seu conjunto, a Bretaña ficóu fidel aos modos de produción, de cámbeo e de finanzamento do tempo antigo, ainda mismamente nos arredores da sua úneca vila industrial. A labrega nantesa leva a manteiga e os óvos á vila, no brazo, com'a sua irmá dos arredores de Quimper. As artesaniñas de Chantenay viven co-a sua nai, com'outrora o braceiro dos outos-fornos de Trignac sabe qu'o caldo quente agárdao baixo d'un teito de colmo do Briére. As nosas vilas son mercados peisanos, ollados dend'Essen ou dende Pillsburg. Ningún dos candentes probremas do noso tempo, de standardización, de racionalización, d'urbanismo, atopa apricacion antre nós, ond'o cadro social máis sólido do individo é ainda e longe, a familia é o meio.

Estamos n-unha terra ond'ainda se costruie
pra os netos, ond'a pubricidade lumiosa apenas aparez, e onde ten un o pan seguro pra
mañá. Certamente, temol-as nosas dificuldades: as nosas primeiras froitas e as nosas conservas véndense mal. Pagámol-o noso escote á crise. Mail-a crise non eisiste orgánicamente pra nós, porque, apesares dos nosos recursos naturais, non temos cometido no noso chán ningunha das faltas qu'a houberan podido facer vir, com'afora (1).

Non deixemol-o servizo da Bretaña, da que ninguén s'ocuparía non sendo nós, poio servizo d'unha Europa que nonol-o había agradecer, con seguranza. Faremos máis pol-as outras naciós ofercéndolles da nosa, restaurada e humanamente revalorizada pol-a nosa precura, que non dándolle os nosos homes escolleitos e os nosos recursos, na hipótese d'algun grande desconcerto. O noso rol de pequena nación non é o de jogarmos á condutores de pobos. Somos poucos pra encher un rol aitivo fora das nosas fronteiras, senon é coma mercenarios dos demáis. Abonda de Duguesclin, de Clisson, de Duguay-Trouin, de Renan, de Ronarc'h e de Briand na nosa historia. Non estamos en posizón d'impoñernos ningunha solución ao mundo. A nosa minsión con respeito á il é á un tempo máis restrita e máis outa. Podémoslle ofercer bons eixempros. Mais somentes c'unha condición: ficar na casa, facer obra humán na nosa casa.

J. la B. Olier Mordrel

Vicente Risco Trad. 

(1) Pra ben dicir, nós non sufrimol-a crise máis que polo feito da nosa unión con Francia. O noso aforro amputado nos catro quintos pol-a caída fo franco, os nosos tubérculos prohibidos na Inglaterra por mor da doryphora francés, a nosa carteira amengoada pola caída dos valores colocados eiquí pol-as bancas de París, etc.

1.25 do NSDAP e 2.4 e 7.4 da Europa das etnias de CEDADE

1.25. Esiximos e demandamos a unificazón de todos os alemáns sobor a base do direito de autodeterminazón dos povos nunha Grande Alemaña. Das...