domingo, 26 de novembro de 2023

Mitteleuropa. Nacionalismo. Vicente Risco


NACIONALISMO

«Antre nós, en Galiza, mírase mal o nacionalismo alemán, por ser imperialista e centralista. Mas compre consideral-o caso, pra que se vexa ben que o nacionalismo alemán non pode ispirar nen justificar un nacionalismo hespañol do mesmo geito. 

Na Hespaña hai catro naciós, étnica e lingüístecamente difrentes: unha céltiga, outra vasca e duas ibéricas, anque falando linguas distintas; na Francia acontez o mesmo: hai unha nación céltiga, outra vasca, outra provenzal, outra alemáa, etc. Na Alemaña non acontez semellante cousa: Alemaña inteira, con Austria e con diversas minorias nacionás nas terras veciñas, constitúe unha soila nación con unidade étnica e lingüísteca. Os alemás teñen, pol-o tanto, dereito a confundiren a nación co Estado, porque é co Estado alemán; os hespañoles non teñen dereito a confundiren a nación co Estado castelán, nen os franceses a confundiren a nación co Estado francés. O caso é outro inteiramente, e non pode servir de regra pra os nosos países, mais que d'un geito inteiramente difrente, ou seña reivindicando un Estado pra cada unha das naciós hespañolas e francesas. Somente d'iste geito habería unha coincidenza real da nación co Estado; d'outro geito non a haberá endejamáis.»

Vicente Risco, 1934



1.25 do NSDAP e 2.4 e 7.4 da Europa das etnias de CEDADE

1.25. Esiximos e demandamos a unificazón de todos os alemáns sobor a base do direito de autodeterminazón dos povos nunha Grande Alemaña. Das...