sábado, 16 de setembro de 2023

«A nau dos Ultreyas» Otero Pedrayo

 


A NAU DOS ULTREYAS

«Cecais hoxe, ista mañán, co primeiro locir do día no lombo das ondas, terá saído de Muros a náu argonáutica dos Ultreyas. Do Muros céltigo asucalcado xardín urbán na aba do monte vixiante, do Muros cuias donas teñen un andar de mermaid, do Muros aínda cheo da lexendaria épica das antergas navigazóns a vela, da vila que ten ancorada diante o bruar atránteco a insoa de soedade do Monte Louro. Esperimentamos unha saudade non privada de envexa. Nos eiquí alapeados no cerne da meseta mais pola incomprensión que polo sol trunfal aínda queimante de intransixenza.

   Eles, os mociños, os Ultreyas a espranza frolida da Galiza, navigando, a yalma resoante de cósmecas e raciales armuñías. Eiquí, niste intre a envexa nosa pode ser perdoada.

   Os Ultreyas, os da Beiramar e os do centro da Galiza, van recibir co iste viaxe o doutorado espirtoal sumo da galeguidade na Universidá da mar e da costa. Os ollos e os anceios galegos, como os ríos da Terra, viven dende os orixes alagados de océano e de Oucidente.

Como nas serras latexa un arelar de se deitar na onda en rexa figura de esculturado promontoiro, como os vales deixanse morrer gostosamente franqueados no seo materno das rías, a yalma galega fleta no ensoño e no pensar, as naus, proa ô infindo, das descobertas. Deica onde chega a nuben e a orballeira mariña, chegan os marcos materiaes da Galiza, e ela, a Nosa Terra, perfeizoa seu paisaxe na Beiramar. Os Ultreyas, finado o curso, pra folgar galegamente, fán iste periplo revelador, ô largo dun arco da nosa costa. Mirarán ô vello cabo onde Pondal mirou a imaxen prometeica e tráxica do destino, mirarán as Illas arrincadas a Terra polos bicos amorosos da mar, e pousados os ollos no branco vagantío das praias e no paralelo decorrer das serras e das ondas, sentirán a presenza material da Galiza eterna, guiada polos Faros simbólecos e polos Fachos adustos, na noite acesos de lumes estelares. Xuventude, veciñanza da fonte primeira, vibrazón de inmorrente enerxía, paixón saudosa medida e aproveitada no esforzo, enxebre falar mariñeiro, peitos e curazóns finchados como velas polo alento da Raza, técnica sinxela e eterna do náuta, e do pescador, todo isto cantará na yalma dos Ultreyas como canta o vento nas furnas e nos piñeirales. Dende a mar a fisiognomía da Galiza xurde crara e sin dúbidas, ca sua enerxía espranzada dos Ultreyas, dos chamados a maguer a redenzón galega, ca benzón dos bardos precursores, da aldeia, e da mariña, ca intensa benzón da sua concenza galega.

   Honra pra quen soupo avencellar ôs mociños no ordre dos Ultreyas. Co eles, navegando polos roteiros da mar de Amadís, o berro litúrxico dos pelegrinos da vía Francígena, recibe o baptismo da mar. No seu branco barco, navegan engayolados nas velas e nos paos, nosas millores espranzas. E cando, pola noitiña, chegando ô peirao amigos, os rapaces Ultreyas entoen de concerto cas ondas, as estrofas bariles do Hino Galego, seu canto resoa, ô lonxe, vencedor de montes, de mesetas, e de incomprensiós nos peitos dos que en Madrí Castelao, Villar Ponte, Picallo, e moitos outros bós e xenerosos sentimos queimante a febre da saudade.»

Ramón A.V. Otero Pedrayo
'El Pueblo Gallego, 6 Xullo 1932'

domingo, 10 de setembro de 2023

Risco e o Arredismo

Após a publicazón en 1920 da Teoría d'o nacionalismo galego, Risco tornaria-se o principal referente político mais importante das  Irmandades. Pero non para un grupo das Irmandades da Cruña que o discuten, e que Carlos Casares chama «os arredistas da Corunha». Nese mesmo ano comeza o distanciamento, que se agrava co motivo dunha semana galega celebrada en Madrid, na que A Nosa Terra (15-VI-1920)  recrimina duramente a participazón de Antón Losada Dieguez nesa  «isidrada» en «Vilapodre». Risco intentará calmar a situazón nunha carta a Xoán Vicente Viqueira (29-VI-1920), escrebe:

 «A miña opinión sobor do que elí pasou sábena craramente Vilar, Lousada, Castelao, todos a eito. Antón Vilar díceme que elí causou un efeuto  terríbel, sobre todo no grupo dos vinte, os arredistas... Eu non son  nesto sospeitoso: non somentes teño por ises vinte unha fonda simpatía, i os teño por moi bos amigos meus, senón que eu mesmo son o máis arredista porque pradico a soparación nosa do esprito de Castela, do esprito hespañol en xeral. Pro penso cos vinte non son tódalas Irmandades, non son tan siquera toda a Irmandade da Cruña, non son o Direitorio; e non se debe deixar impoñer dise xeito o criterio de soio vinte, si elo pode facer á Irmandade da Cruña arredista, non da Hespaña,  senón das outras Irmandades... ¡Ai de nós, si se rompe a místeca cadea! Non lle parece que á unión antre nós, á unión sagrada, se debe  sacrificare todo, absolutamente todo o que non sexa o credo e o  programa? Cree vostede que un feito que non siñifica violación do programa nin da doutrina, deba dar orixe a unha escisión no seo das  Irmandades?... Pois polo camiño que leva, ameaza producila. Eu penso que non van atinados os que escribiron a carta ó Losada, os "cadros brancos" e "mouro", o "preguntoiro" i outras notas de A Nosa Terra, verdadeiros "meridionalismos" propios pra magoar os sentimentos de certos hirmaos [...] Serían tan arredistas eses rapaces que quererán ficar eles soios? Non, estas cousas non, por Deus que os fixo, que nós debemos estar a conquerir tódalas concencias galegas prá causa. Hai ehí quen xuzga toda Galiza pola Cruña, e non é tal como eso. Eu ando pola  terra adiante duas ou tres veces no ano, e vexo aque aínda hai moito camiño que andar pra que cheguemos a poder escomuniar a ninguén.

Prégolle, querido e respeitado hirmau, poña mau neste asunto: vexamos todos o xeito de restablecela concordia, a unidade de pensamento, a confianza, a cordialidade, entre tódolos hirmaus. Si eu podo faguer algo pra elo,  indíqueme o que debo faguer, indíqueme cómo poderemos axudalo e conte connosco.»





1.25 do NSDAP e 2.4 e 7.4 da Europa das etnias de CEDADE

1.25. Esiximos e demandamos a unificazón de todos os alemáns sobor a base do direito de autodeterminazón dos povos nunha Grande Alemaña. Das...