luns, 11 de decembro de 2023

«Unha ollada á España de Franco» por Jon Mirande

Unha ollada á España de Franco

É surprendente como algunhas persoas que se din auténticos nacional-socialistas, ollan a España con respeito mútuo; cun pró-hispanismo tal que poderia ser comprendido por parte de conservadores ou reacionários da direita clásica francesa como os que aparecen nas revistas francesas Rivarol ou Aspects de la France. É incomprensível sen embargo como pode ter as súas raíces nos espíritos nacional-socialistas, nos colaboradores da revista europea L'Europe Réelle , que quer reconstruir a Europa étnica. Que é a España hoxe? Un país europeu, no cal o ponto de vista étnico e racial que defendemos é o menos coñecido. Nisto está dacordo ,como era de agardar, coa República Francesa, considerando que a Franza é xacobina até a médula, incluidos os franceses que afirman que os republicanos non o son. Un país europeu onde as autoridades son as que mais mutilan esta visión, e non só as autoridades oficiais do "grande estratega", senón tamén os mais fieis seguidores de Primo De Rivera, porque o próprio Jose Antonio era, ante todo, un nacionalista español centralista, independentemente que tivera alguns conceitos achegados aos nosos. Pero, se consideramos a etnicidade como base dun país, como non se pode falar dunha soa Franza, tampouco existe unha soa España. Antes houvo Españas, unidas por un pau de autoridade logo de ocupazóns e acordos comerciais, pero cada unha delas mantivo a sua singularidade étnica, a súa nacionalidade e os seus dereitos, xa que eran diferentes entre sí, coma na Franza son completamente diferentes os bretóns, ocitanos, normandos, alsacianos, flamencos e entre eles os próprios franceses, ou na Europa entre os alemáns, checos, maxiares e italianos. Tamén as etnias baixo o estado español. Dende finais deste século XIX tentaron recuperar a sua liberdade ou a sua autonomia, ao menos culturalmente. Foi unha reazón completamente natural ante a nova centralizazón da España (provocada polos franceses), que tarde ou cedo devia conducir á perda de ambas. Esa loita foi como a dos irlandeses ou os sami, que son similares á loita dos bretóns, ainda que os nacionalistas franceses digan o que queiran. Opuxeron-se á derradeira raiña, á ditadura de Primo de Rivera e á República, e agora opoñen-se a Franco. Franco sen embargo derrotou-nos, e logo Inglaterra perseguiu e mutilou aos irlandeses coa mesma crueldade coa que a Franza perseguiu e mutilou aos bretóns no momento da "Libération". Prestemos imediatamente atenzón ao feito de que os povos que están sendo esmagados polo estado español pertencen aos europeus dalí: Bascónia, a primeira etnia do ocidente, a Galiza celta e a Cataluña latina e gótica. Desta unión só se benefician os menos europeus, é dicir os mozárabes descendentes do Al-Andalus e os do sul. O Atlántico Norte ou o Mediterráneo deven renunciar ás suas gañáncias e as suas posesións materiais, á sua industria e ao seu comércio, mentres o Estado desamortiza as suas posesións culturais, a sua lingua, as suas leis, os seus costumes provocando o seu éxodo rural.

Son basco. Quizais vexas en min a falta de lealdade a España e a sua grandeza. É certo, non teño ningún desexo particular de ser amábel con persoas coma o estratega franquista, que prometeu durante a
«cruzada» franquista, en nome da santa nai Igrexa, ao noso Salvador Xesucristo, á sua santa nai e certamente a todos os santos, para oferecer unha rapaza basca a cada un dos guerreiros árabes, que ía ser utilizada como escrava; ou cun Estado que pisotea a miña língua, e pisotea-a ben, non ás agochadas como coa Raiña ou a República, senon diante de todos, porque é certo por exemplo que o criminal tivo a coraxe provocadora de falar euskera merecía un pau e unha multa. Sen embargo, podo ficar fascinado como calqueira, perante unha España que viu nascer a don Pelaio ou a Fernán González. Pode-me fascinar a España antiga, gótica , a España dos latinos, dos bascóns ou dos celtíberos, que tiña un espírito europeu, que mostrava nos campos de batalla tradicionais, loitando contra África, que intentaba arrancar da sua terra a árabes e xudeus, en xeral a un semitismo. Esa España, sen embargo está morta; como está morta a vella Franza dos galos e os francos. E o que seguiu é un Estado centralista e pseudo-nacionalista que mutila e destrui aos grupos étnicos europeus. Agardo que algún dia os verdadeiros españois -coma os verdadeiros franceses- e non os árabes mestizos e os bereberes, poidan vir unir-se á nosa Europa das Etnias. Pero antes de crer na lealdade das suas intenzóns, primeiro deviamos ver como dan liberdade ás outras etnias europeias que hoxe queren apagar, é dicer, aos bascos, galegos e cataláns, do mesmo xeito que os franceses devian dar liberdade aos bretóns e a todos os demais grupos étnicos baixo o seu controle. Até que chegue ese dia sagrado, como carallo vai fascinar-nos este país pseudofascista, coa sua paella e o cante «jondo»? o clericalismo mais estrito -e a direzón clerical- contamina non só o eido da xestión estatal, senon tamén o eido da cultura (isto non sucede -grazas aos deuses- e nunca sucedeu na Franza, nen sequer baixo o poder da raiña, que era moi cristiana); o capitalismo mais egoista e inxusto de Europa: este é o balance do Movimento Nacional, logo de vinte e seis anos! Doi-me ollar como os meus compatriotas convertiron-se, por razóns estratéxicas, en partidários dos vermellos, porque lles prometeron unha autonomia miserável cando estalou a guerra civil. Tivera sido moito mellor que loitaran contra calqueira español pola liberdade do País Basco. Ainda con todo, entendo a eleizón de quen loitou pola esquerda, unha loita sanguenta, e recoñezo que tiveron circunstáncias atenuantes, xa que sabían que a vitória dos bispos, coroneis e depredadores burgueses, cuxa tirania observamos agora, nasceria da cruzada franquista. E a onde foi parar o antigo antisemitismo da raiña católica, transformado nunha descendéncia de parvos e asistentes do líder do reino? Non é casualidade que o Congreso Mundial Xudeu recoñeceran a protezón que lles brindaran durante a guerra (Resoluzóns da Conferéncia Especial do Congreso Xudeo Mundial, novembro de 1944, Atlantic City, páxina 9). Creio que a chave está aqui, en explicar a deslealdade do grande estratega cara Alemaña, que foi tan prexudicial para Alemaña, e tamén explica a aprovazón comprensiva dos xudeos demócratas vencedores na sua ditadura, mentres loitaban tan duramente para esmagar o traballo de Hitler e Mussolini. Conta-se que a España de Franco logrou derrotar ao comunismo soviético no país, polo que España deve ser considerada unha aliada e unha irmá. Polo que a min respeita, non estou en absoluto dacordo con equiparar a nosa perspectiva nacional-socialista europeia co anti-comunismo. Para iso tomaria como modelo o Estado do Vaticano! Por outra banda, que é o anti-comunismo de Franco e os seus cómplices senon o medo visceral dos nobres españois a perderen os seus priviléxios? E cal é a base da sua doutrina senon a defesa dun catolicismo estreito de mente e anticuado? E tampouco é honesto, porque os dirixentes da sua cruzada «nacional» berran: Antes unha España vermella que unha España quebrada! E é mais, tampouco é eficaz porque cando comezou esa noxenta cruzada, por así dicí-lo, non existia nen un só comunista entre os cidadáns da España, e agora hai moitos, tanto entre os expatriados como entre os que viven na España, esperando que chegue o comunismo para que lles dea a liberdade e a ledícia completa. Sabemos que non teñen razón, tan só boas desculpas, pero... Jon Mirande
«Ur sell ouch bro-Spagn Franco»  Ar Stourmer , 1962, Setembro-Outubro, 4-5. páxs. 51-52


1.25 do NSDAP e 2.4 e 7.4 da Europa das etnias de CEDADE

1.25. Esiximos e demandamos a unificazón de todos os alemáns sobor a base do direito de autodeterminazón dos povos nunha Grande Alemaña. Das...