sábado, 3 de setembro de 2022

Nacionalismo galego. Primeiras defiñiciós



A nosa doutriña chámase nacionalismo galego, porque repousa no convencimento de que Galiza é unha nación, e no lógico conse guinte de que, sendo unha nación, ten todol-os dereitos inherentes â sua esencia nacional.

Outrora, no tempo dos Precursores, chamouse regionalismo, o qual semella de menor alcance ideológico e de máis moderada arela políteca. Mais debemos advertir que o regionalismo dos Precurso res, e o nacionalismo das geraciós actuás, non discordan un do outro máis que no nome; querse dicir: que os Precursores entendían baixo da verba regionalismo esencialmente a mesma cousa que nós baixo da verba nacionalismo, coma pode verse leendo a riola d' artigos que en col do asunto escribeu Murguía en 1897, respondendo a Sánchez Moguel.

Tamén leva a nosa doutriña o nome de galeguismo, porque, querendo ser unha cousa esencialmente nosa e somentes nosa, apela âs esencias engebres, â tradición galega incontamiñada. Co-esta verba queremos indicar que o nacionalismo galego non ha ser unha traducción, unha versión en língoa e pensamento galego de ningún outro nacionalismo. Non ha de remedar ao nacionalismo catalán, nen ao basco, nen ao provenzal, nen ao alsacián, nen ao bretón, nen ao flamengo, nen ao irlandés, nen ao galés, nen ao escocés, nen a ningún outro. O nacionalismo galego non quer ser un empréstimo, nen unha asculturación, nen un profillamento de nada alleo, senón que ha vivir da sustancia propia de seu.

Por afora tense por forza que asemellar a todos ises outros movimentos nacionalistas, do mesmo senso reivindicador e defensivo, no que teñen todos iles de común, ha sintir por iles simpatía e solidaridade, e ainda ha recibir diles eixempros e estímulos. Mais por adentro, no pulo espirtual que o move, na arela fonda que o guía, ha ser cousa totalmente difrente de calquera d' iles, engebre e escrusivamente galego.

Ténsenos alcumado por presentarmos o nacionalismo galego coma unha doutriña, en forma de teoría. Ténsenos dito que todo na cionalismo radica n-un sentimento, i é dediante de nada, e sigue sendo sempre un sentimento. Isto non se pode negar: sen ise sentimento d' apaixoado amor ao que é de un, sen o que chamamos patriotismo, non hai movemento nacionalista posibele. Mais pouco val o sentimento cando se non concreta n-un fito, e de qu'o fito se fixese, já se formula coma teoría. Pol-o tanto a ise argumento debemos responder que o nacionalismo galego é algo máis que un sentimento e que unha doutriña: é unha convicción, unha fé, e tampouco somentes unha convicción, mais unha vontade.

O nacionalismo galego é unha vontade d'afirmación da persoalidade nacional de Galiza en todol-os ordes, de reivindicación e de liberación d'esa persoalidade, no interior e no exterior.

O nacionalismo galego é sempre afirmativo e nunca negativo. sempre unha convicción, unha vontade, un amor, unha devoción. É e nunca un odio. Afirma os valores galegos frente e non contra os valores alleos que se lle queren sobrepôr, n-iste caso, os de Castela. O nacionalismo galego non nega os valores casteláns; afirmaos, e ainda os admira, mais non coma propios, senón coma alleos, coma estranos. O nacionalismo galego non odia, non pode odiar a Castela, na que ten que ver outra nación cos mesmos dereitos e o mesmo valor que Galiza; somentes que non s' identifica co-ela, non recoñece a Galiza formando parte d' ela, senón que afirma a unha e a outra coma difrentes, coma inidentificábeles.

Tampouco nega nen odia o nacionalismo galego, ao Estado de que Galiza forma parte, n-iste caso o Estado hespañol. Frente d' il, non contra d' il, afirma os dereitos de Galiza. Se frente a Castela, o nacionalismo galego sinifica, nen negación nen odio, senón difrenciación, frente ao Estado hespañol, sinifica, nen oposición nen enemiga, senón unha eisigenza.

O nacionalismo galego sinifica en todol-os casos unha afirmación. E compre que teñamos en contra que s' o nacionalismo galego ten a reivindicación dos dereitos individuás e coleitivos do pobo galego coma parte importante do seu contido, n-il o principal é a afirmación da persoalidade trascendental de Galiza, d' esa eisistenza metafiseca que vive por riba e no fondo de todol-os galegos, da que todos participan n-algo, da que xurde toda creación engebremente galega en calquer orde da vida, e que podemos chamar Alma de Galiza, Genio da Raza, Esprito da Terra, asegún sexan as nosas con ceiciós n-iste orde.

Non esquezamos que o nacionalismo galego ten un senso espirtual, e que é enantes de toda outra cousa, galeguismo, autoctonismo, engebrismo.

A verba nacionalismo é hoxe entendida en dous sensos moi di frentes que compre distinguir, e compre manifestar a cal dos dous corresponde o nacionalismo galego.

Hai un nacionalismo que se distingue por duas caraiterístecas principás: en primeiro lugar sobrepôn o intrés nacional a calquera outra consideración, incruso âs eisigenzas fundamentás do dereito e da justiza; en segundo lugar, precura espander o poder da nación fora do lindeiro das suas fronteiras, impondo a outras naciós a sua domiñanza politeca e as suas caraiterístecas nacionás. A esta sorte de nacionalismo chamámoslle nacionalismo agresivo ou tamén imperialismo, e dase nas naciós que forman grandes Estados con forza adeministrativa e militar.

Hai outro nacionalismo que defende as caraiterístecas nacionás dos pobos, ben sexa no interior, contra das causas de corrupción e decadenza, ben frente dos Estados que as teñen ou as queren pôr baixo do seu domiño, contra de cuias agresiós procrama os dereitos e reivindica a persoalidade nacional. A iste, que se dá pol-o geral nas pequenas naciós que forman parte d' Estados alleos, chamamos nacionalismo defensivo.

Ben crar' está que o nacionalismo galego pertence à segunda caste; é un nacionalismo defensivo. Efeitivamente, nen pretende impôr en ningún outro país a língoa, nen as costumes, nen as usanzas e creenzas de Galiza, nen pôn tampouco o intrés de Galiza por riba do dereito e da justiza. Pol-a contra, o nacionalismo galego, pra defender os dereitos nacionás de Galiza fúndase precisamentes nos principios inmorrentes do Dereito Natural, apela en todo istante aos preceitos universás da justiza superior e eterna. -O nacionalismo galego é de natureza ético-jurídica.

Compre distinguir tamén o nacionalismo galego d' outras cousas con que moitos o confunden ou misturan. Poñamos por caso: o autonomismo, o federalismo, o separatismo ou arredismo, O nacionalismo galego non se pode reducir a unha d' esas cousas, nen se pode confundir con ningunha d' elas. Pode acontecer, certamente, que na orde da actuación políteca, o nacionalismo galego se presente asegún o istante, ou asegún a variedade das orgaizaciós que compartan o seu ideario, unhas veces como autonomista, outras veces como federalista, outras veces como arredista. Mais o nacionalismo galego non é o autonomismo, nen é o federalismo, nen é o arredismo.

O nacionalismo galego é unha doutriña etno cultural e social. 

O autonomismo, o federalismo, o arredismo non son máis que doutriñas polítecas. Dende logo, o nacionalismo galego, coma todo outro nacionalismo da sua caste, envolve unha actitude políteca, exprésase de cote, inevitabelmente coma movemento politeco. N-iste suposto, tampouco o nacionalismo galego, coma ningún outro nacionalismo, ten que ser necesariamente autonomista, necesariamente federalista ou necesariamente arredista. Un movemento nacionalista políteco será unha ou outra das tres cousas, asegún as comenencias nacionás e asegún as circunstancias históricas do istante. Pode unha nación precisar ou non a plena independenza políteca, convirlle ou non a unión federal con outras, ou tal outra sorte d' autonomía. Isto depende sempre de feitos concernentes â geografía, â historia, â economía, â psicología dos pobos, etc. Mais non ten que ver co-a entrana mesma do nacionalismo.

A políteca do nacionalismo derívase da sua esencia jurídeca; ésta é a seguinte: do mesmo geito que o home individual, pol-o soilo feito de nascer e d' eisistir, ven ao mundo c' un mínemo de dereitos inalienábeles e imprescriptíbeles, inherentes à sua natureza, así tamén unha nación, pol-o mero feito de ter eisistenza histórica, ten un mínimun de dereitos inherentes à sua natureza, e tan sagrados e inviolábeles coma os da persoa individual. En calquer caste d' unión, máis floxa ou máis estreita, e por estreita que sexa, d' unha nación con outra ou outras, ise mínemo de dereitos ha ser salvagardado e garantido. Con tal que se respeiten ises dereitos, tanto a independenza, coma calquera forma de federación ou d'autonomía, son igualmente legítemas. O que varía, e pode variar co tempo, é a comenencia d' unha ou d' outra.

O nacionalismo politeco consiste na defensa d'ises dereitos na orde da prática. Coidamos que o Dereito moderno oferce já, e ha ofercer ainda máis sortes de combinaciós e formas de unión ou de mútuo entendemento antre naciós, que permitan conciliar os dereitos inalienábeles das naciós, cos intreses dos Estados alleos que n-elas exercen o goberno. En todo caso, sobre da base do recoñecimento da persoalidade nacional e os seus dereitos, todo diálogo é de cote posíbele.

Mais o nacionalismo non é somentes cousa políteca. En rigor, dende certo punto de vista, a políteca e máis ben un meio que non un fin.

O nacionalismo abrangue todal-as manifestaciós da vida nacional, todol-os aspeutos do pensamento, do sentir, do saber, do traballo, da tradición e da espresión d' un pobo, todol-os seus bés acugulados pol-a historia e todal-as suas arelas e cobizas pra o porvir. O nacionalismo galego proponse a reconstitución total da vida galega, espiritual, políteca, económica, asegún a sua tradición engebre. É unha verdadeira restauración, e tamén unha restitución. O qual indica que ten un senso tradicional. Non se trata da cara esterna da tradición, embora esta teña unha importancia imensa. Trátase de precurar a fonte vivente e acochada de toda creación cultural galega. Trátase de revelar a auténtica face de Galiza, encoberta baixo d' unha mimética carantoña de prejuizos importados de terra e de gente allea.

D' onde tiramos, por fin, que o nacionalismo galego é tamén unha revelación.

VICENTE RISCO.

Alento. Xullo-Agosto 1934

Ningún comentario:

Publicar un comentario

1.25 do NSDAP e 2.4 e 7.4 da Europa das etnias de CEDADE

1.25. Esiximos e demandamos a unificazón de todos os alemáns sobor a base do direito de autodeterminazón dos povos nunha Grande Alemaña. Das...