venres, 16 de febreiro de 2024

Álvaro das Casas, o eterno censurado


Na opinión xeral da xente do noso país, é habitual colocar 
ao setor histórico nacionalista, dirixido por Vicente Risco como traidor por teren apoiado o levantamento militar de 1936. Cando o certo é que as alianzas entre os chamados direitistas: conservadores, nacionalistas e tradicionalistas; eran unha realidade política cotiá desde o tempo da Irmandade Nazonalista Galega, exemplificado nas filiazóns que se mantiñan no próprio rexime de Miguel Primo de Rivera.

Na realidade, se tiveramos que falar de traidores dentro do nacionalismo tradicional galego, a respeito das alianzas que se viñan facendo, serian en caso todo as do setor da esquerda, que prefiria pactos cos anarquistas, comunistas e outros compoñentes da Frente Popular Española, galeguistas de esquerda que viñan sendo tamén influenciados pola mazonaria mais decadente do momento.

Desde os xornais anarquistas e da Fronte Popular Portuguesa na Galiza e Portugal difundiron-se críticas pola represión rebelde cuns supostos «nacionalistas galegos e galeguistas»

Os auténticos nacionalistas galegos revolucionários con senso racial e imperial europeu, durante moitas décadas ficamos órfons da leitura e narrativa dos feitos históricos baixo a nosa própria visión. Coa censura imposta polo xacobinismo nacional-español no estado e polo esquerdismo mal chamado nacionalista na autonomia galega, é un verdadeiro milagre que existamos e poidamos escrever estas modestas liñas.

Durante moito tempo explicaran-nos nos «bares de praia» nacionalistas de esquerda, que os nacionalistas galegos que apoiaron a revolta militar de 1936 foron traidores ao ideal, mentres que os verdadeiros patriotas galegos eran aqueles cos tamén centralistas e nacionais-españois que ademais asasinaban aos seus opositores políticos.

Nunha entrevista ao noso Álvaro das Casas, descobrimos a visión e as razóns reais do posicionamento en favor do levantamento militar que mais tarde comandou Francisco Franco. A entrevista e números son tamén censurados e enredados pola própria república portuguesa, o xornal O Comércio do Porto é publicado por enteiro na internete desde os anos 1800 até hoxe, agás coincidentemente aqueles números do verao de 1936 cando comeza a Guerra Civil Española. Ditos números e datas especiais están disponíveis apenas para licenciados e pesquisadores calificados.

Das Casas e os xenuínos nacionalistas galegos históricos, antes do 36 cansaron-se de querer facer compreender aos novos «revolucionários de salón» que estavan a coaligar-se cos inimigos dos povos. As ideias comunistas e anarquistas eran e son, en orixe, ainda mais xacobinas e anti-tradicionais do que aquelas que inicialmente defendian liberais-conservadores da CEDA ou os tradicionalistas Carlistas. Para os galeguistas históricos, ese tipo de ideias frentepopulistas eran sinónimo de nacionalismo español e tamén represetazón do mesmísimo anticristo.

Os nacionalistas galegos, bascos e cataláns non tiñan apoio popular suficiente como para se desvencillar do conflito e entrar na guerra por conta própria. No início, ninguén sabia o que ia significar a rebelión dos militares do norte da África, ou o que o próprio Franquismo significaria mais tarde, nen se quera Franco sabia-se o líder da revolta. O que era ben coñecido para eles, era a despreciável república española.



O Comércio de Porto, 7 Setembro 1936

A Galiza na revoluzón española
«O testemuño dun galeguista: Pola Civilizazón e pola España contra a deméncia tartárica!

D. Álvaro das Casas, escritor galego dos mais coñecidos e dos mais admirados, expón a O Comércio do Porto un terrível libelo contra o Governo de Madrid.

Os meios cultos portuenses acompañaron, sempre, con moito interese e aprezo, as manifestazóns culturais da vida galega. Ainda, hai pouco, realizou-se, no Porto, unha Semana Cultural Galega, que foi unha afirmazón magnifica de vitalidade intelectual da Galiza e de estreita simpatia luso-galaica. Compreende-se que, no mais solene instante que a España está a atravesar, acudise a moitos espíritos unha interrogazón sobor a atitude dos mais categorizados representantes do nacionalismo galego perante a guerra que ensanguenta, tan tráxica e desoladoramente, a terra española. De certo, xá ninguén parecia ter nengunha analoxia entre a posizón dos nacionalistas galegos e a dos nacionalistas bascos e dalgúns nacionalistas cataláns. A Galiza formou, desde os primeiros momentos, un bloco sólido e homoxéneo ao lado do Exército español, pero con todo non deixava de ser curioso averiguar a maneira de como algunhas figuras representativas da intelixéncia galega entenden a solidariedade dada con unanimidade pola populazón do Noroeste hispánico ao movimento de reconstruzón española, desencadeado polo Exército do país viciño.

Sabiamos que estava en Portugal unha desas figuras, que é, ao mesmo tempo, a dun devotado e eminente lusófilo, o mestre D. Álvaro das Casas, nome aureolado por unha actividade brillante na catedra, na tribuna de conferencista, no xornal e no libro. Procuramos a oportunidade dunha troca de impresións co ilustre publicista e catedrático, hai pouco chegado a Portugal, depois dunha longa permanéncia na Alemaña e na Itália. Deparouse-nos esa oportunidade nunha das ultimas tarde e, logo ás nosas primeiras preguntas, Das Casas declarou:

-Estimo, de veras, esta oportunidade de fixar unha posizón relativamente ao gravísimo momento que a España atravesa. Poderia, no meu país, gardar siléncio, para que as miñas palabras non pareceran de adulazón ao exército vitorioso ou significativas do anseio de garantir, de calquer modo, unha situazón vantaxosa. Poderia, tamén, aqui, nada dicer, espontáneamente, con receio de incorrezón para cun Governo ao cal devo a mais xenerosa hospitalidade.

Confeso, con todo, que os acontecimentos que eran de esperar depois do infame asasinato de Calvo Sotelo -tomaron proporzóns tais que se estabeleceu un dilema inconfundível, perante o cal non se admiten reticencias nen meias palabras de contemporizazóns cúmplices. O Governo de Madrid -di D. Alvaro das Casas, con vibrante enerxia, ás ordens de turbas de incendiarios, envilecido nunha era de terror sen precedentes, traidor ao próprio espírito da república, é a negazón total de todos aqueles princípios que un home medianamente digno e sensível deve aprezar mais do que a sua própria vida. 

E feita, esta declarazón, que impresiona non só polos termos categóricos como polo ton caloroso e animado no que foi proferida, Das Casas acrescenta:-O exército está, nestes momentos, salvando as mais puras esencias de europeidade e todos os valores morais que deron á España un posto de primeira orde no diálogo das mais antigas, nobres e gloriosas civilizazóns-. Tais palabras non admitian dúvidas. Era ben clara a posizón do noso entrevistado no dilema inevitável que, hoxe, oferece-se a todo cidadán español. Pero, a sua Galiza, onde, ainda hai pouco, se desenrolara un plebiscito sobor a sua autonomia, deve renunciar, definitivamente, a todas as suas aspirazóns, ainda que dentro do cadro dunha España grande e unha?

-Hai moitos anos -di Das Casas, que non milito en partido político nengún; pero son galeguista, desde que teño uso da razón. Pois ben: creio que é esta, precisamente, a hora na que se comeza a realizar o soño de toda a miña vida. A Galiza constitui, por si, unha individualidade de perfil nítidamente acusado no curso de decenas de séculos. O problema, para min, estava no desmantelamento desa personalidade, de tal maneira que, se, un dia, o resto da España tolea, e empeña-se en sucumbir, nós puidesemos, atuando en consciéncia própria, salvar do Incéndio vermello toda a nosa continua e magnifica tradizón; se, polo contrário, chegase a hora de restaurar o auténtico sentido hispánico, de erguer un estado novo, forte e poderoso, a Galiza poderia axudar á empresa, non como quen vai levado pola mao e empurrado, senon como quen entusiásticamente é parte esencial na tarefa, dispondo dun caudal preciosísimo de história imaculada.

Cun flash de ledícia triunfante nos seus ollos vivos e profundos. Das Casas engade: -Neste instante, a miña terra, novamente, con perfeita unanimidade, con ardor insuperável, coa fé dun verdadeiro misticismo, toda ela unida nun apertado feixe, está en armas pola salvazón e pola restaurazón da España, polo prestíxio da Euгора. E conclui: -Está-se dando a maior batalla do noso tempo, en defesa da civilizazón, outra vez ameazada pola tolémia tartárica. A Alemaña, Portugal, a Itália e, agora, a España empeñan-se na nova cruzada pola salvazón da Europa. A miña alma galega vibra, emocionada, de orgullo, cando penso que xentes do meu sangue chegaron á fronte de batalla, cantando o hino galego, desexosas de morrer ao lado dunha mocedade irmá que está a dar á História o mais sublime e heroico exemplo de sacrifício-.

Rematada a entrevista. Non hai equívoco posível. O galeguismo declarou-se pola Civilizazón, pola España e polo Exército nacionalista. Proclamou-no, abertamente, un dos mais nobres e lúcidos espíritos da terra galega.




ANTECEDENTES :



Carta de Álvaro das Casas a Alexandre Bóveda en relazón a ORGA e os deputados nacionalistas no parlamento español en 1931

« Meu querido irmán:
Hoxe leio a decisión dos galeguistas de afastarse da loita eleitoral en Lugo, a posizón ca que fica a ORGA lucense e aquela en que vai a ficar logo a de Vigo. O horizonte comeza a crarexar.

Neste intre, xulgo obriga da miña concencia insistir nos puntos de vista que sosteño pubricamente depois das eleiciós: a necesidade urxentísima de constituír un grande partido galeguista. Entendo que o chamado a romper o camiño -pola súa fidelidade aos principios históricos e a pureza e maor honestidade da súa conducta políteca- é o grupo de Pontevedra úneco que, hastra na súa denomenazón, mantén a unidade da doitriña nazonalista. De momento no meu ver, percízase que o grupo Autonomista de Vigo, Irmandade de Ourense e Partido Galeguista-Repubricano de Ourense decrárese púbricamente disoltos pasando a xuntarse ás vosas forzas seus aituaes asociados. Logo seguirán este camiño outras organizaciós, pro as ditas -como máis afís- son as que teñen a obriga de dare eisempro.

Aos nosos catro diputados -Castelao, Otero Pedrayo, Vilar Ponte e Suárez Picallo- supoño que lles chegaría a hora de afastarse pubricamente da xefatura de Casares Quiroga e desligarse de unha minoria estúpida, covarde e incapaz que nada fai pola Terra e que os pon en trance de complicidade coas traiciós máis noxentas. A Ezquerda Galeguista supoño que lles vai a escribir neste senso recramando a súa libertade de aición pra acusalos pubricamente, no caso de manter na súa forza tan indinos concubinatos.
Voso na Terra.»

Álvaro de las Casas, 1931




EL PUEBLO GALLEGO

«Non: co Estatuto na mao, lealmente, libres de paixón e de prexuizos, non hai xeito de impugná-lo. Poderán dicer os homes da direita: é que agora o Estatuto vai ser governado polas esquerdas. As esquerdas poderian dicer o argumento xémeo se as direitas tivera-no plebiscitado depois do 6 de outubro, e nen uns nen outros, dicendo isto, dirian ren contra o Estatuto. Mais ainda: os encarregados de administrar o Estatuto serán elixidos na sua hora, e «segundo un sistema de representazón proporcional» o ideal para os nosos homes da direita e é entón o momento de que os nosos partidos de dereitas, encaixando candidaturas de prestíxio, conscientes da sua forza, procuren un triunfo que, de conquerir, ninguén poida honradamente regatear-lles. E conste que eu non terei nen cincuenta votos para ser elixido, e temo que non teñan os suficientes para triunfar Otero Pedrayo, Risco, La Sota, Paz Andrade, Gallástegui, Garcia Boente, Diaz Rozas, Filgueira, Garcia Vidal, Candeira, Masó e tantos outros, e ben gozaria da sua vitória, e creio realmente que ben gañariamos todos co seu triunfo, porque seriamos ben administrados e rexidos.»

Álvaro das Casas, 17/06/1936





Sempre en Galiza, Libro II  

«Non; a República non levaba máis intención que a de ser unitaria e centralista, agás da concesión feita aos cataláns e o temor de que se estendese aos vascos; pero endexamais aos galegos.»

Daniel Castelao, 1940

-------------------------------------------------------------


NOTΛ ࿋ NOVΛ ࿋ VLTREIΛ
Na entrevista do xornal portugués escreven *España/Espanha, que de ter sido transcrita polo entrevistado sairian os Hespaña/Hespanha/As Hespanhas acordes ao significado a sementar polos galeguistas dos anos 30, e que podemos ler en traballos posteriores do próprio Álvaro das Casas tanto en galego (portugués) ou castelán.


O GRANDE DIA DE EUROPA

Como em tempos pasados contra o perigo islámico, que ameazava arrasar os fertilísimos campos dos velhos impérios, os povos que, hoxe, teñen consciéncia de si e renegan nefandas claudicazóns servís, xunta-se, outra vez, para salvar os eternos valores morais, reverdecer os sempre vizosos loiros das nosas histórias gloriosas e reafirmar a soberana hexemonia do espírito. Hespaña é, outra vez, trincheira e clarín da Europa. Estamos en loita titánica entre as duas mais opostas concepzóns do mundo. A un internacionalismo utópico e absurdo opomos o perfil nítido das nosas nacionalidades, ao nomadismo xudaico e depauperado opomos a mais firme pose do solo pátrio, ao ateísmo brutal o princípio religioso, ao conceito materialista da vida a nosa sede inesgotável de infinito, á loita de clases criminosa e esgotante a mais firme coesión no Estado, por que todos, ricos e pobres, patróns e trabalhadores, somos parte esencial dun todo indivisível, somos carne e poténcia dun corpo e alma únicos; na suma: somos, conxuntamente História e Futuro.

Álvaro das Casas, O Comércio do Porto (7/10/1936)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

1.25 do NSDAP e 2.4 e 7.4 da Europa das etnias de CEDADE

1.25. Esiximos e demandamos a unificazón de todos os alemáns sobor a base do direito de autodeterminazón dos povos nunha Grande Alemaña. Das...